Obradoiro de “Mini eu” na Biblioteca Municipal de Carral
O próximo mércores 26 de febreiro na Biblioteca pública municipal (Casa da Cultura) comezamos a celebrar o Entroido cun obradoiro moi especial: Caxoto ensinaranos a facer un mini eu. Pero que é un mini eu? Pois é unha versión reducida de ti mesmo en versión monicreque.
Esta actividade ten prazas limitadas polo que será necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura. As idades recomendadas son de 4 anos en diante.
Ademáis tamén se incluirá un contacontos de Caxoto para os asistentes ao obradoiro.
A hora é ás 17:30 ata ás 19:30 h.











