O Xuvenil Nacional do Santiago Futsal proclámase subcampión de Liga
O equipo Xuvenil Nacional do Santiago Futsal proclamouse subcampión de Liga este fin de semana no último partido de liga tras vencer 4-1 ao ADFS Bueu. Os de Jorge Basanta terminan así con 36 puntos, empatados a puntos con Azkar Lugo, que se proclamou campión pola diferenza de goles particular (os lucenses venceron 1-3 no partido da primeira volta e os santiagueses 1-2 en Lugo na segunda volta).
Culmina así una das ligas máis igualadas das últimas tempadas na que os de Jorge Basanta mostraron un gran nivel ao longo da mesma. Este próximo fin de semana, o equipo Xuvenil Nacional descansará, para comezar a Copa o seguinte fin de semana. A Copa estará formada por dous grupos, o Norte e o Sur, que xogarán unha liguiña que clasificará aos dous primeiros de cada grupo para as semifinais.











