O xoves 27 de febreiro terá lugar a segunda sesión da VI Escola de Familia de Piñor
O Concello de Piñor informa de que o xoves 27 de febreiro terá lugar a segunda sesión da VI Escola de Familia. Será ás 18:00h no Centro Social.
Por sexto ano consecutivo, a Escola de Familia de Piñor ofrece un programa formativo moi variado e especializado en torno a diferentes temas de especial relevancia á hora de educar ós máis cativos. A pesar de dirixirse principalmente a pais e nais, esta iniciativa ábrese a toda a poboación, é dicir, toda persoa interesada na temática ou que teña contacto con nenos e nenas pode acudir ás diferentes sesións.
Esta segunda sesión denomínase “Uso seguro das novas tecnoloxías”. Na charla anterior contábamos coa Garda Civil de Ourense para alertar sobre os perigos que implica o mal uso das novas tecnoloxías, pois nesta ocasión trataremos a parte educativa, é dicir, como podemos inculcar nos cativos un bo uso de internet, do teléfono móbil… Unha psicóloga do Centro Quérote+ de Ourense será a que imparta esta sesión, ofrecendo pautas educativas a tódolos asistentes.
A Escola de Familia reúne unha vez ó mes a tódolos participantes, dende xaneiro a xuño, entregando ó finalizar a mesma un diploma de asistencia, motivo polo cal se fai necesaria a inscrición formalizada no proxecto, obtendo finalmente un certificado das horas efectivamente asistidas.
Para máis información e inscrición poden poñerse en contacto con Servizos Sociais.