publicidade hoxe

O xogador do Santiago Futsal, Diego Quintela, será o pregoeiro da 39ª Festa do Queixo de Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaLocal Portada
A-
A+

O xogador do Santiago Futsal Diego Quintela e a triatleta Diana Cotón, serán os encargados de dar o pregón da 39ª edición da Festa do Queixo de Arzúa. O Concello de Arzúa quere así recoñecer o gran papel de Diego Quintela, que con só 22 anos é xa un referente no seu equipo, sendo o actual pichichi do Santiago Futsal e sendo convocado pola selección española para disputar dous amigables ante a selección de Serbia.

Os dous deportistas serán os encargados de dar un pregón dedicado a pór en valor o deporte, especialmente entre os mozos, e terá lugar o sábado 1 de Marzo ás 13h no recinto feiral “Terra do Queixo” de Arzúa.

25 de febreiro de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.