O xogador do Futsal, Palomeque, visita aos nenos do CEIP Raíña Fabiola
Esta mañá, o xogador do Santiago Futsal Alejandro Palomeque, visitou aos alumnos e alumnas do Centro de Educación Infantil e Primaria Raíña Fabiola. Os pequenos escoitaron ao mozo xogador relatar a súa experiencia no club santiagués, así como os seus anos no mundo do fútbol sala, explicando aos alumnos e alumnas a importancia de manter uns hábitos de vida saudables, ademais do adestramento físico e táctico.
Os alumnos do centro aproveitaron para preguntar ao xogador sobre os seus goles, os seus compañeiros e os seus anteriores equipos. Moitos levaron un autógrafo e unha fotografía co xogador do Santiago Futsal. Ao finalizar a charla, Palomeque convidou os alumnos e alumnas do centro ao próximo partido de liga do Santiago Futsal en casa, o vindeiro venres 14 de Febreiro ás 21h ante Montesinos Jumilla.











