O xogador do Azkar Lugo, Jandri, operado con éxito do menisco
Esta mañá no Hospital Fremap de Vigo o xogador do Azkar Lugo FS, Alejandro Míguez Marquez “Jandri”, foi operado polo Dr. Carpinteiro da lesión no corno anterior do menisco externo do seu xeonllo dereito. Jandri levaba sufrindo molestias durante toda a tempada e unha vez realizadas todas as probas pertinentes e aproveitando o parón ligueiro, club e xogador decidiron programar a operación para estas datas. A operación estaba programada para a semana pasada, pero un proceso vírico sufrido polo mesmo impediu levar a cabo a operación.
A intervención realizada esta mañá consistiu nunha artroscopia na que se lle realizou unha menisectomia parcial de devandito corno, lesión que foi liquidada. Na mesma artroscopia realizada, observouse que o xogador sofre unha rotura parcial do ligamento cruzado anterior. É por este feito que durante as dúas próximas semanas Jandri xunto cos servizos médicos do club realizará un traballo conservador para ver a resposta do ligamento e ver así si o xeonllo é estable. Pasado ese periodo, o Dr. Carpinteiro volverá ver ao xogador e valorarase a situación para ver si é necesario intervir ou non o ligamento.











