O VIII premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades recae na Plataforma Galega polo dereito ao aborto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense entregará o premio Clara Campoamor, na súa VIII edición, á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, polo seu traballo e compromiso a prol de garantir e preservar “o dereito das mulleres a decidir libremente sobre os seus corpos e polo seu activismo na defensa da interrupción voluntaria do embarazo seguro, libre, gratuíto e público” concedido de xeito unánime polo xurado, reunido esta mañá, nas dependencias municipais da Concellería de Igualdade.

O xurado estivo formado por Margarita Martín Rodríguez, concelleira de Igualdade, Maria Elena De Jesús Rodríguez, directora do CIMM, Maria Dolores Alonso Reverter, representante do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, Pilar López Guerrrero, representante da Comisión de Investigación e Seguemento da violencia exercida contra as mulleres, Mario Antonio Ortiz García, en representación do ámbito social e cultural e Elena Cid Muñoz, funcionaria da concellería de Igualdade, actuando como secretaria.

O premio entregarase o 7 de marzo, ás 20.00h, no Liceo ourensán, nun acto no marco das actividades coas que se conmemora o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

21 de febreiro de 2014 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.