O víal de Tabueiros – Sisán, en Ribadumia, estrea asfaltado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia levou a cabo a mellora do vial de Tabueiros – Sisán cun novo asfaltado. Estas actuacións foron realizadas con cargo ao PEIM 2013 -Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural-.

O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e polo Ministerio de Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. Unha vez asinado o convenio e propostas as actuacións, desde o departamento autonómico ocuparanse de redactar o proxecto para poder adxudicar e executar as obras.

As obras consistiron na mellora do firme, corrección dos peraltes e aplicación dunha capa de rodaxe de aglomerado en quente e tratamento asfáltico segundo a necesidade do camiño. Este é un novo paso para seguir dotando a todo o termo municipal de infraestruturas que garantan a seguridade dos peóns, neste caso, nunha das entradas ao concello.

7 de febreiro de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.