O TSX ratifica a decisión do Concello de Oleiros de sancionar a un Policía Local coa separación do servizo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+

A Sección 001 da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza ratificou a resolución do Goberno local de Oleiros pola que sancionaba a un axente da policía local coa separación do servizo pola comisión dunha infracción catalogada como «moi grave» na Lei de coordinación de policías locais de Galicia. O axente foi condenado en 2009 polo Xulgado do Penal nº 5 da Coruña por un delito de lesións psíquicas infrinxidas a un compañeiro. A raíz de estes feitos foi cando o Concello abriu dito expediente separación do servizo.

Na desestimación do recurso, o maxistrado resalta que a sanción é «unha automática consecuencia da condena penal referida por unha conduta moi grave, que produciu un enorme demérito ao prestixio da institución da que o autor formaba parte e coa clara afectación ao servizo desenvolvido». A argumentación conclúe que «a conduta sancionar entraña un plus de gravidade que xustifica o alcance da sanción imposta». O tribunal, ademais de confirmar a sentenza apelada, impón as custas procesuais causadas á parte recorrente.

26 de febreiro de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.