publicidade hoxe

O tramo da estrada LU-124 que une Mondoñedo coa A-8 será arranxada este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugoMondoñedo
A-
A+

As obras contrataranse unha vez que se solucionen os danos producidos na estrada por mor da execución da autovía A8, así como os problemas de canalización das augas pluviais, que Fomento está a executar. A Axencia Galega de Infraestruturas ten na súa planificación a mellora integral da estrada LU-124, Mondoñedo- Vilameá, que se levará a cabo en función da dispoñibilidade orzamentaria.

Plano do tramo da estrada  LU-124 no que se vai actuar

Plano do tramo da estrada LU-124 no que se vai actuar

>>>>>>>>>>

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou esta mañá que a Xunta acometerá o acondicionamento e mellor do firme da estrada LU-124, no tramo que une Mondoñedo coa A-8 en Lindín.

Así o avanzou esta mañá na presentación a empresarios e representantes do sector do transporte público de viaxeiros do novo Sistema de Axuda á Explotación da Mobilidade, onde adiantou que a Axencia Galega de Infraestruturas na actualidade está a elaborar o documento técnico necesario previo á contratación das obras.

Aclarou que unha vez que o Ministerio de Fomento solvente os danos producidos no firme da estrada LU-124: Mondoñedo-Vilameá, por mor da execución das obras da autovía A-8 e se resolvan os problemas de canalizacións das augas pluviais, a Consellería poderá executar esta mellora e acondicionamento, polo que a actuación estará materializada neste mesmo ano.

Recordou que o aspecto que presenta este tramo da estrada é consecuencia directa da intensidade de circulación de vehículos pesados que traballaron na construción da autovía A-8, en concreto entre os puntos quilométricos 5+000 ao 8+000. Por outra banda, as obras da autovía modificaron a escorrentía da zona, o que fai necesario que se resolvan problemas de condución de pluviais nesta estrada autonómica.

Os traballos que se executarán consistirán na acondicionamento e mellora de trazado desde a saída de Mondoñedo (PK 1+300, aproximadamente) ata o enlace coa A-8, é dicir, en case 7 quilómetros. A sección transversal tipo prevista neste proxecto de dous carrís de 3,0 m e beiravías de 0,5 m, aumentando a plataforma de 5 metros a 7, agás na zona de travesía (70 metros) na que a sección transversal constará de 2 carrís de 3 metros, beirarrúas a ámbolos dous lados de 2 metros e zona de aparcamento na marxe esquerda de 2,5 metros.

Por outra banda, a Consellería ten previsto na súa planificación a realización dunha mellora integral da estrada LU-124, Mondoñedo- Vilameá, que se executará en función das dispoñibilidades orzamentarias do departamento autonómico con competencias en materia de estradas.

Intensidade media diaria

A estrada LU-124 (Mondoñedo (N-634) – Vilameá (N-640)) pertence á rede secundaria da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) e ten unha lonxitude total de 29,62 Kms. Os tráficos desta estrada, por cada treito analizado, son:
 

Clave
Rede

Denominación do treito

PK inicio

PK fin

Lonxitude treito

IMD12
LU-124
S

Mondoñedo – Lindín (LU-125)

0,000
10,060
10,060
81
LU-124
S

Lindín (LU-125) – Cruz da Cancela (LU-122)

10,060
15,290
5,230
85
LU-124
S

Cruz da Cancela (LU-122) – Vilameá (N-640)

15,290
29,620
14,330
217

Tendo en conta que a IMD media na rede de estradas autonómicas é de 3.011 vehículos/día, pódese concluír que o tráfico da LU-124 é moi reducido e significativamente inferior á media rexistrada na RAEGA.

1 de febreiro de 2014 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.