O temporal obriga a pechar os parques Rosalía de Castro e o da Milagrosa en Lugo
O Concello de Lugo procederá ao peche dos parques Rosalía de Castro e o da Milagrosa durante todo o día de hoxe mentres dure o aviso de temporal para evitar que os cidadáns poidan circular por esas zonas e sufrir algún percance motivado polas fortes rachas de vento que se agardan, segundo as predicións meteorolóxicas.











