O Teixugos impúxose na primeira proba da liga Galega de promoción de slalom en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTomiño
A-
A+

O Teixugos impúxose na primeira proba da liga Galega de promoción de slalom que se disputou en Tomiño. O segundo lugar foi para o Penedo. Participaron sete clubs e máis de cen deportistas. A segunda proba será en Gondomar.

O Teixugos logrou o primeiro posto na clasificación con 163 puntos, 17 máis que o Penedo. Esta formación viuse prexudicada na puntuación, segundo os seus responsables, ao non contabilizarse os 21 de Ainoha Lameiro. Os árbitros aplicaron o regulamento. Segundo explicaron, non participaron o número de padeeiros suficientes na súa categoría.

O terceiro lugar na táboa correspondeu ao Tea, o Dumbría foi cuarto e o Muiño de Ribadumia, quinto. A Montaña Quirós terminou na sexta posición. O Melgaço Radical e o Darke, ambos os portugueses, ocuparon os seguintes lugares.

A segunda proba do calendario galego da liga Galega de promoción de slalom disputarase en Gondomar.

24 de febreiro de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.