O SPAD amplía os programas de prevención de consumo tabaco, drogas e alcohol a empresas e colectivos xuvenís
A Área de Prevención do SPAD de Vilagarcía ampliou este curso o seu ámbito de actuación incluíndo no seu proxecto anual programas destinados a empresas, colectivos xuvenís e familias con fillos en situación de risco ou con problemáticas xa avanzadas. Con elo o SPA pretende chegar ao maior número posible de eidos para sensibilizar sobre a repercusión que a diferentes niveis ten o consumo e abuso de tabaco, alcohol e drogas, xa sea na saúde, como nos ámbitos familiar, laboral e social e mesmo sobre a súa incidencia sobre á condución e a relación cos accidentes de tráfico.
Dende hai anos o SPAD de Vilagarcía no se preocupa especificamente da atención e prevención de drogodependencias, nin tampouco limita ao consumo de sustancias estupefacientes. O principal obxectivo do servizo é loitar contra as adicións, xa sexa de drogas, de alcohol e mesmo tabaco; e tamén sensibilizar á poboación sobre a repercusión que ten o seu consumo e abuso para lograr reducir ou previr estes hábitos.
Na actualidade, catro concellos están adheridos ao Programa de Prevención que presta o SPAD de Vilagarcía. Son Vilagarcía, Cambados, Ribadumia e Meis. En todos eles desenvólvense todos os programas de prevención que realiza o SPAD, tanto no ámbito educativo, como no familiar, autoescolas e agora tamén empresas e colectivos xuvenís.
Transportes e hostalería
O programa de prevención laboral leva por título “Ao alcance”. A súa posta en marcha responde ao elevado impacto negativo que o consumo de drogas (legais e ilegais) teñen sobre o medio laboral. Estas prácticas afectan aos traballadores, que rexistran un deterioro na súa saúde física e mental e na súa vida social e familiar. Pero tamén afectan ás empresas. Sabido é que o consumo deste tipo de substancias alteran as funcións corporais, a conducta o xuízo, as percepcións sensoriais (vista, oído, tacto..) ou o estado de ánimo de quen as consume; e estas alteracións afectan negativamente ao rendemento dos traballadores e elevan, de forma moi notable, o risco de que se produzan accidentes laborais.
Nesta experiencia inicial de “Ao alcance”, o SPAD traballará principalmente con empresas de transportes e hostalería. A idea é sensibilizar ás direccións, responsables de prevención de riscos sobre a cuestión, prestar apoio ao establecemento de políticas para a prevención de drogodependencias nas empresas, distribuír unha guía de prevención, formación de mediadores laborais na prevención, e realización de campañas de sensibilización sobre os riscos de consumo de alcohol, tabaco e outras drogas.
En centros onde se detectan casos
O programa de prevención selectiva “Non pasa nada, pasa algo? Diríxese a aqueles centros educativos de ESO , PCPI (Programa de Cualificación Profesional) e Programa de Diversificación Curricular (PDC) nos que se teña detectado algún problema relacionado co uso de drogas ou nalqueles onde se dean factores específicos de risco en relación co consumo de drogas (desmotivación cara os estudos, dificultades de aprendizaxe, fracaso escolar, alto risco de abandono…)
Para aprender a educar en familia
Para traballar a prevención de drogodependencias no ámbito familiar, o SPAD desenvolve o programa “Máis que un teito” que ten como destinatarios paios e nais, orientadores e profesores e profesionais de servizos sociais. O obxectivo das actividades que se realizan é o de promover unha maior implicación dos pais e nais, como axentes de saúde e fomentar a adquisición de competencias necesarias para que poidan desenvolver esta importante labor de xeito adecuado. Entre os aspectos a traballar están a existencia dunhas relacións familiares satisfactorias, o diálogo entre pais e fillos, a comunicación, o apego familiar e a información verza e non moralizante.
O segundo programa que tamén se dedica á prevención de drogodependencias no ámbito familiar, neste caso de forma selectiva, é o titulado “En familia todos contan”. Os destinatarios son familias completas que se atopen en situación de risco en relación coas drogas e que se detectan, en moitos casos, a través dos Servizos Sociais Municipais, equipos de orientación dos centros educativos ou a propia unidade asistencial do SPAD á que acoden a pedir axuda ou son derivados..A actividade estrutúrase como nun obradoiro no que interveñan dos dous membros da parella e cuxos grupos de confeccionan atendendo á idade dos fillos dos participantes ou a similitude das situacións conflitivas polas que foron seleccionadas.
Abordar aos mozos nos seus grupos de relación
Para chegar á mocidade en materia de prevención de consumo e abuso de drogas un bo método e facelo a través dos seus grupos de relación. Esta é a idea do programa “Activa” que ten como poboación destinataria ás mozos e mozas de 19 a 29 anos e como poboación destinataria mediadora aos diferentes axentes mediadores que traballan con este colectivo: oficinas de Información Xuvenil, institutos, asociacións xuvenís, deportivas…. Ofrécese formación aos mediadores co obxectivo de que en conxunto se deseñe un programa de actividades a desenvolver polos mediadores cos mozos e mozas dos seus colectivos.
Ao volante
O SPAD tamén leva anos traballando nas autoescolas a través do programa “Cambio de sentido” no que se informa ás persoas que están preparándose para obter o carné de conducir sobre os efectos que causa no corpo o consumo de diferentes tipos de drogas e alcohol e os riscos que conleva a condución baixo os seus efectos.
Sete programas de ámbito educativo
A labor que realiza a Área de Prevención do SPAD e moi ampla. Só a través do programa de prevención de drogas no ámbito educativo o servizo desenvolve ao longo do curso un total de sete programas que teñen como público destinatario diferentes niveis de ensinanza obrigatoria (Primaria e Secundaria) e Secundaria. Un dos máis populares é o Obradoiro de Bebidas Saudables que pretende formar aos cativos de 3º ciclo de Primaria sobre as consecuencias do consumo e abuso de alcohol e se lles ensinan hábitos saudables mediante a realización práctica de bebidas alternativas como zumes ou batidos.
Outro dos programas máis coñecidos é o de “O cine como elemento de prevención” dirixido a alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e Postobrigatoria e Especial. Cada nivel visualiza unha película adaptada as súas idades sobre a que posteriormente debaten e traballan con unidades didácticas sobre hábitos saudables e valores. O Obradoiro “E ti que opinas?” está orientado a alumnos de 2 de EPO e 2ªde ESO e traballa a análise da publicidade en relación coas drogas legais, a presión do grupo, a toma de decisións, a superación de metas e as alternativas de ocio.
O SPAD tamén desenvolve sesións formativas e informativas co alumnado de ESO, PCPI, PDC, postobrigatoria e ciclos medios e superiores. Nestes trabállanse aspectos como os mitos e crenzas erróneas sobre o consumo de drogas legais e ilegais, factores de risco e protección, desenvolvemento de habilidades xenéricas para a competencia individual e a interacción social.
Os alumnos dos niveis superiores son os destinatarios dos obradoiros “Sexo seguro” e “Educación Afectivo sexual”, dúas actividades que versan sobre a prevención do VIH/sida e outras enfermidades de transmisión sexual. Fálase de sexo seguro, mitos e crenzas erróneas e esterotipos de xénero e a importancia das relacións interpersonais.
Os programas preventivos do SPAD adáptanse á realizade social e cultural do momento. Na actualidade un dos elementos de uso común por parte da mocidade son as novas tecnoloxías e o seu uso seguro e saudable tamén o aborda o servizo a través do recurso educativo de materiais didácticos “Pantallas Amigas”.
No apartado de recursos didácticos, o SPAD tamén conta con “Contos para conversarnos” dirixido a alumnos de 6 a 11 anos que, a través da visualización de historias animadas, xogos para PC e unha guía para educadores abórdanse contidos relacionados como uso de medicamentos, consumo de alcohol e tabaco, actividade e descanso, alimentación, seguridade e hixiene, autorespecto, afrontamento de desafíos, manexo da tensión, relación ou toma de decisións.
Especial para mulleres
Dadas as especiais características que teñen as drogadiccións en mulleres, o SPAD tamén deseñou xa hai uns anos o programa “Penélope” destinado exclusivamente a este colectivo. As súas destinatarias son mulleres de 12 a 35 anos en xeral, e en particular, mulleres que demanden tratamento por problemas de adicción a substancias.
Presuposto e subvención
O proxecto da Área de Prevención do SPAD elaborado para o período do 1 de xaneiro de 2013 ao 31 de marzo de 2014 inclúe todos estes programas. Todas as actuacións se desenvolven na área de influenza comprendida polos concellos de Vilagarcía, Cambados, Ribadumia e Meis. O custe total do proxecto ascende a 80.521 euros dos que a Consellería de Sanidade aportou 60.771. O resto foi financiado polos catro concellos adscritos ao programa en parte proporcional a súa poboación de referencia.











