O servizo de viarios de Ferrol realiza traballos de reparación de lousas e beirarrúas na Magdalena e Canido
O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, realiza esta semana traballos de mellora en diferentes zonas da cidade. Estas tarefas levadas a cabo polos operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- forman parte das intervencións semanais realizadas nos distintos barrios da cidade e permiten cubrir as peticións veciñais.
Durante esta semana, o servizo de mantemento e reparación de infraestruturas
acomete tarefas de mellora nos barrios da Magdalena e Canido. Máis polo miúdo, os operarios da empresa adxudicataria realizan actuacións de arranxo de lousas na rúa Real, no tramo comprendido entre a praza de Armas e a praza de Amboaxe, así como traballos de reparación de beirarrúas na Avenida do Rei.











