O Santiago Futsal retoma a competición ligueira coa visita de Montesinos Jumilla
Este fin de semana volve a competición ligueira tras un parón de 3 semanas pola disputa do Europeo de Bélxica no que a Selección Española alzouse coa medalla de bronce. Así, o Santiago Futsal adestrou esta mañá para preparar o partido deste venres día 14 contra Montesinos Jumilla ás 21h no Multiusos Fontes do Sar, correspondente á vixésimo primeira xornada de liga.
Tras lograr o seu pase ás semifinais da Copa Xunta o pasado venres, o Santiago Futsal retomará a liga co obxectivo de cambiar a súa serie de resultados e lograr a súa primeira vitoria en Liga neste 2014, tras 3 partidos consecutivos sen puntuar. Para iso, recibe ao que será o seu rival nos cuartos de final da Copa de España, que ademais é un rival directo na loita por clasificarse entre os 8 primeiros.
Santiago Futsal é actualmente sexto con 26 puntos, empatado con Burela que é sétimo e a 1 punto de Ríos Renovables que é oitavo. Montesinos Jumilla ocupa a novena praza a tan só dous puntos dos santiagueses, polo que se xogarán tres puntos fundamentais de face ao play-off. Ademais, Montesinos Jumilla foi o primeiro rival desta tempada que logrou vencer aos santiagueses (3-1) nun partido con moitos erros dos de Santi Valladares. Así, o Santiago Futsal tratará de sacarse a espinita este venres, buscando recuperar os seus bos resultados ante a súa afección.
As entradas para o partido poranse á venda a partir de mañá martes nas oficinas do club aos prezos habituais de 10€ adultos e 1€ para nenos menores de 13 anos. Ademais, os abonados poderán retirar até 2 entradas para este partido a un prezo de 5€ cada unha.
Plan de traballo da semana
Luns 10 de Febreiro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Preventivo +Táctico
16,45h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Martes 11 de Febreiro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Forza Velocidade + Velocidade Desprazamento +Porteiros
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Mércores 12 de Febreiro:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Xoves 13 de Febreiro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Salga de Prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
Venres 14 de Febreiro:
21h – Multiusos Fontes do Sar – J21. Santiago Futsal vs Montesinos Jumilla
Sábado 15 de Febreiro:
Descanso
Domingo 16 de Febreiro:
Descanso











