O Santiago Futsal prepara unha gran festa de Entroido para recibir á Colexios Areas Gran Canaria
O persoal do Santiago Futsal volveu esta mañá aos adestramentos tras gozar de 3 días libres aproveitando a súa xornada de descanso en liga. Os santiagueses xa preparan o seu seguinte compromiso ligueiro, que será este venres, cando recibirán aos Colexios Areas Gran Canaria no Multiusos Fontes do Sar ás 21h.
Os santiagueses, que a pesar da xornada de descanso manteñen a sexta praza, só lles vale sumar 3 puntos, posto que sétimo e oitavo clasificados, Burela FS e Ríos Renovables Ribeira de Navarra, veñen apertándolles os talóns cos mesmos puntos. En fronte terán ao pechacancelas da clasificación, os Colexios Areas Gran Canaria, que suma 7 puntos tras lograr dúas vitorias (ante Magna Navarra e Umacon Zaragoza) e un empate (ante Burela FS).
Os de Suso Méndez xa visitaron o Multiusos en pretemporada no torneo de presentación do Santiago Futsal, onde os de Santi Valladares gañaron 3-2 nun partido apertado. Ademais, no partido da primeira volta os santiagueses venceron 3-6 no Centro Insular de Deportes.
No plano médico, Eloy Vermellas e Santi Valladares non están a adestrar co grupo por molestias e espérase que se incorporen aos adestramentos a mediados de semana.
Aproveitando o Entroido, o club prepara unha gran festa para os seus afeccionados con moitas sorpresas que se irán coñecendo ao longo da semana. As entradas para o partido xa están á venda nas oficinas do club aos prezos habituais de 10€ para adultos e 1€ para nenos/as menores de 13 anos. Ademais, todos os nenos/as que acudan disfrazados ao partido poderán entrar totalmente gratis. Como vén sendo habitual, todos os abonados poderán retirar até dúas entradas a 5€ cada unha (só válido en venda anticipada até o venres ás 14h).
Plan de traballo da semana
Luns 24 de Febreiro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Preventivo +Táctico
16,45h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Martes 25 de Febreiro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Forza velocidade + Velocidade Desprazamento + Porteiros
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Mércores 26 de Febreiro:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Xoves 27 de Febreiro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
11,15h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
Venres 28 de Febreiro:
21h – Multiusos Fontes do Sar – J23. Santiago Futsal vs Col. Areas Gran Canaria
Sábado 1 de Marzo:
Descanso
Domingo 2 de Marzo:
Descanso











