O Rio Natura Monbus e Atlanta Hawks alcanzan un acordo para o traspaso de Mike Muscala
O Rio Natura Monbus, Atlanta Hawks e Mike Muscala alcanzaron un acordo polo que o xogador pasa a formar parte do equipo americano.
O xogador, que foi seleccionador no pasado draft da NBA por Dallas Mavericks na segunda rolda (elección 44), asinou por unha tempada co club galego o pasado verán. Nos 20 partidos que disputou baixo as ordes de Moncho Fernández, o pivote ha promediado 14.6 puntos e 7.8 rebotes, para 16.9 de valoración.
O Rio Natura Monbus agradece publicamente a Mike Muscala, que recibiu permiso do club para viaxar xa aos Estados Unidos, a dedicación demostrada no cinco meses en que defendeu a camiseta obradoirista e deséxalle o mellor no devir da súa prometedora carreira.











