O rexedor vigués acepta a proposta de irmanamento entre a cidade olívica e mexicana Celaya

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaVigo
A-
A+

Caballero avanzou a súa vontade de aceptar a proposta de irmanamento coa cidade mexicana de Celaya tal e como lle solicitou por carta o alcalde da mesma, a través de empresarios locais. O rexedor explicou as ventaxes que pode ter compartir sinerxias empresarias e comerciais co principal polo de crecemento do pais azteca que, ademais, ten unha grande industria da automoción que xa mantén relacións comerciais con Vigo.

Abel Caballero acepta a proposta do alcalde da cidade Celaya de fomentar o irmanamento entre ambas urbes entre as que xa existe moita relación comercial e empresarial. O obxectivo, explicou, vai máis alá do fortalecemento dos vínculos institucionais, xa que supón incrementar un fluxo económico “que xa se está a producir pola vía dos feitos”.

Celaya, no centro de México, está situada no cruce de redes viarias que van de Canadá á Patagonia e desde o Pacífico ao Atlántico. Trátase “dun gran eixo de camiños e do principal polo de crecemento do país azteca” grazas, en grande parte, á automoción, con 4 grandes empreasas norteamericanas e xaponesas que fabrican máis dun millón e medio de coches anualmente, que se venden en Norteamérica. Neste punto, o rexedor destacou a existencia na actualidade de relacións con empresas e institutos de investigación de Vigo como o Ceaga ou o Cetag, o que aumenta o interese por fomentar a relación institucional, tal e como lle solicitaron esta mañá os empresarios Alvaro Álvarez Blazquez e José Philippot, responsables de entregarlle a carta do alcalde de Celaya, Ismael Pérez Ordaz.

Caballero avanzou a súa vontade de responder positivamente á proposta do seu homólogo mexicano, e destacou que a cidade tamén ten relación co país azteca a través de Pémex.

13 de febreiro de 2014 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.