O rexedor tudense asistiu á presentación do libro de actas do congreso de Muiñoloxía celebrado en Tui

Presentación do libro de “muiñoloxía”
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, asistiu o pasado venres, na Deputación de Pontevedra, á presentación do libro “Molinos”, que recompila as actas do 8º Congreso Internacional de Molinología “Innovación e Ciencia no Patrimonio Etnográfico”, celebrado en Tui en 2012.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, co gallo da presentación deste libro de actas, lembra o esforzo que realiza o concello para seguir recuperando o patrimonio etnográfico do municipio. En concreto sinala as actuacións realizadas para recuperar máis muíños da senda do río Tripes, onde cada ano con gran éxito se celebra a festa dos Nosos Fariñeiros. Tamén recordou como a través de Obradoiro de Emprego en 2011 foi reparado e rehabilitado o Muíño do Rapado na parroquia de Baldráns e limpáronse os muíños do Pombal en Guillarei, entre outras actuacións.











