O remate dos traballos do xardín da praza de España permanecen pendentes do bo tempo
As obras de restauración do xardín de entrada á Alameda, na praza de España, están a piques de rematar. Logo de facer os traballos de soterramento dos servizos e de xardinería, está pendente da recolocación de xabre nos pasillos centrais do xardín, pero este traballo non se pode realizar até que haxa unha raiola de bo tempo. É preciso a compatación de todo ese terreo para o que se necesita tempo seco; igual que para instalar o mobiliario urbano, xa que ten que fraguar o cemento no que van ancladas as patas dos bancos.











