O RCN Vigo domina a XXII Regata Ría de Vigo

Foto de familia dos premiados
O mal tempo que azoutou as costas galegas durante este fin de semana non impediu a celebración do XXII Trofeo Ría de Vigo- Gran Premio Efectos Navais Jesús Betanzos, que finalmente se validó cunha única proba celebrada o domingo, xa que o sábado a flota víase obrigada a quedar en terra dadas as duras condicións meteorolóxicas que obrigaban ao comité a suspender as probas do día.
Así, o domingo Eolo comezaba a soprar ao redor das 12:30 horas, momento en que a flota se facía á mar para realizar a única manga válida, cun vento de entre 12- 18 nós.
Na Clase Vaurien, para a que a regata era clasificatoria, o gran dominador foi o RCN Vigo, que ocupou o tres postos de podio, do mesmo xeito que na clase infantil Optimist, mentres que na clase Laser o CM Canido demostraba a súa experiencia. Na Clase 420 o CN Punta Lagoa logrou subir ao terceiro banzo do podio, sendo o primeiro e segundo posto para dúas tripulacións do RCN Vigo.
Despois de grandes planeadas e numerosas envorcadas os resultados finais foron os seguintes:
CLASE VAURIEN
1º Pablo Cabelo e Javier Lago: RCN Vigo
2º Rubén Cristos e Ana Santirso: RCN Vigo
3º Alejandra Suárez e Helena Pérez: RCN Vigo (1ª femininas)
(…)
5º Tirso Cerqueira e Mario Pérez: RCN Vigo- CM Canido (1º Xuvenís)
(…)
13º Juan Alonso e Ernesto Troncoso: CN Punta Lagoa (1º Velas clásicas)
CLASE OPTIMIST
1º Nicolás Hernández: RCN Vigo
2ª África Alonso: RCN Vigo
3º Iago García: RCN Vigo
(…)
9º Ricardo Fernández: CM Canido Categoría B
10º Stella Enríquez: RCN Vigo Categoría B
12º María Pérez: RCN Vigo Categoría B
13º Yago González: MRCY Baiona Categoría C
14º Yago García: CM Canido Categoría C
CLASE 420
1º Eduardo Reguera e Miguel Gómez: RCN Vigo
2º Alejandro Gónzalez e Horacio Pequeno: RCN Vigo
3º Irene Aladro e Paula González: CN Punta Lagoa
CLASE LASER 4.7
1º Gonzalo Martínez: CM Canido
2º Rosario García: CM Canido
3º Antón Soares: CM Canido
4º Luís Sampedro: RCN Vigo
LASER RADIAL
1º José Rodríguez: CM Canido











