“O príncipe e o parrulo” un espectáculo infantil para a fin de semana en Monforte
Este domingo día 16 de febreiro, a compañía Eme 2 representará no Edificio Multiusos de Monforte a obra O príncipe e o parrulo.
Trátase dun espectáculo para público infantil a partir de 3 anos, que chega a Monforte dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O príncipe e o parrulo é unha pequena historia que fala de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Os dous decátanse que non hai nada tan grande coma un amigo.
A autoría da obra corresponde a Javi Tirado e Jokin Oregi, está dirixida por Alex Díaz e o elenco artístico intégrano Rocío González e Lucía Regueiro.
O espectáculo comezará ás 18:00 horas do vindeiro domingo e o prezo da entrada xeral será de 5 €, mentres que a dos nenos, estudantes, desempregados e xubilados será de 3 €.











