O Principal acolle o recital poético que celebra o Día de Rosalía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Patrimonio Histórico e a Asociación de escritores en lingua galega, organizan esta tarde, a partir das 20.00 horas, un recital poético para celebrar o Día de Rosalía. Esta actividade está incluída dentro do proxecto A memoria das mulleres, e será no Teatro Principal.

O Recital poético será a cargo de Marta Dacosta, Lucía Novas e Olalla Cociña. Tamén está prevista a actuación musical do grupo Adonairare. O acto estará conducido pola concelleira da área da Muller e Benestar Social, Carmen Fouces.

24 de febreiro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.