publicidade hoxe

O primeiro Rally de Coches Clásicos de Culleredo contará con 35 modelos de 1966 a 1985

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredo
A-
A+
Presentación do evento

Presentación do evento

Culleredo converterase o vindeiro domingo, 16 de febreiro, nun percorrido á historia do automobilismo. O municipio acollerá o primeiro Rally de Coches Clásicos, organizado pola Escuadra Centola e o Concello de Culleredo, que hoxe presentaron a cita.

O evento xuntará a uns 35 modelos de coches, que datan desde 1966 a 1985. Poderanse ver marcas como Porsche, Mini, Lancia, MG, Opel ou Fiat. “Todos se atopan en perfecto estado e merece a pena contemplalos”, apunta Rafael Martín, representante da Escuadra Centola, unha agrupación de afeccionados a estes vehículos radicada en Culleredo e moi activa na organización de actividades.

O rally, enmarcado na categoría da regularidade polo as velocidades que alcanzarán son baixas, percorrerá as principais parroquias de Culleredo. Os coches concentraranse no Burgo, no recinto multiusos do paseo marítimo, a partir das 9.00 horas.

A saída está prevista para as 10.30 horas. A ruta será desde O Burgo cara a Tarrío, Orro, Celas, Castelo, monte Xalo, Bregua ou Boedo para regresar ao paseo marítimo. A chegada está marcada para as 14.20 horas.

O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, anima aos veciños a achegarse ao paseo marítimo ou calquera dos puntos do percorrido para gozar duns modelos “únicos”. O edil considera que Culleredo ofrece unhas condicións “excelentes” para o desenvolvemento desta iniciativa dado a súa paisaxe variada, polo que recoñece que o Concello está encantado de recibir a competición e agradece á escuadra a súa implicación e traballo.

13 de febreiro de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.