publicidade hoxe

O portavoz socialista da Lama recoñece a súa implicación na desaparición do fito quilométrico de Avión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaAviónLocal Portada
A-
A+

Enrique Vaqueiro Costal recoñece publicamente a súa implicación nos feitos denunciados á Garda Civil o día 20.02.14 polo Concello da Lama, relativo á desaparición dun fito quilométrico no Concello de Avión e a súa localización actual na PO-240 parroquia de Xesta.

O declarado polo portavoz socialista no Concello da Lama é radicalmente falso, posto que manifesta que foi a brigada provincial da Deputación Provincial de Pontevedra “a que puxo o cemento para a súa instalación”, e non se corresponde coa realidade, posto que, o Concello da Lama conta cun informe do Xefe de Servizo de Vías e Obras no que se constata que devandito ente provincial non tivo ningunha implicación nin actuación nestes feitos (Achégase o informe).

Enrique Vaqueiro recoñece que ten fotografías e documentos que acreditan as súas manifestacións e rogamos que as achegue á Garda Civil para facilitar a investigación e colaborar coa xustiza.

Facer constar que o Concello da Lama en ningún momento acusa destes feitos á Asociación Veciñal San Bartolomé de Xesta, porque o que é evidente, é que as accións non as cometen as persoas xurídicas senón as persoas físicas, neste caso, o propio Enrique Vaqueiro como o mesmo recoñece.

A referencia á asociación veciñal é porque tiñamos coñecemento e constancia de que esta había solicitada ao ente provincial a colocación dun fito quilométrico nese punto, o que será de fácil constatación si achega a solicitude co selo de rexistro de entrada na Deputación Provincial de Pontevedra.

O PP da Lama espera, que á vista dos feitos acontecidos, Enrique Vaqueiro adopte as decisións pertinentes que se corresponden co cargo que ocupa.

 

25 de febreiro de 2014 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.