publicidade hoxe

O polideportivo de Ponte Carreira acolle a gran Festa de Entroido de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O pavillón municipal de Ponte Carreira acollerá este domingo 2 de marzo, a partir das 17:00 horas, unha gran Festa de Entroido organizada polo Concello de Frades. Un festival no que terá lugar o tradicional concurso de disfraces e unha gran festa de animación con xogos, inchables, obradoiros, música e unha gran chocolatada, que o ano pasado rexistrou a participación de case 400 veciños e veciñas.

Os participantes no Concurso de Disfraces poderán recoller o seu dorsal no propio pavillón polideportivo, a partir das 16:30 horas. O Concello de Frades repartirá un total de 840 euros en premios nun concurso dividido en dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes). Haberá premios de 300 e de 150 euros para os dous mellores grupos adultos; así como 100 e 50 euros na categoría individual. Na categoría infantil, os dous gañadores do concurso de grupos levarán 100 e 50 euros, respectivamente; mentres que os gañadores do concurso individual infantil levarán 60 e 30 euros.

28 de febreiro de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.