O pleno de Teo debatirá o documento orzamentario para o 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A corporación teense reúnese este xoves 27 de febreiro para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

Durante a sesión debaterase sobre o documento dos orzamentos municipais para 2014 que teñen unha previsión de ingresos e gastos de algo máis de 11 millóns de euros. Dende o goberno municipal enténdese que se trata dunhas contas “axustadas e realistas condicionadas pola situación económica actual”. Os dous principais obxectivos deste orzamento municipal son “manter as conquistas sociais realizadas sen recortar en servizos para a cidadanía e ó mesmo tempo facer unha xestión económica responsable que repercuta no saneamento municipal”. Os resultados orzamentarios dos últimos exercicios foi positivo. No 2012 a diferencia entre gasto e ingresos foi de algo máis de 900.000  euros mentras que o resultado provisioanl para o 2013 é de ó redor de 250.000 euros. As contas que se presentan para este ano “pretenden continuar nesta liña de resultados positivos entre ingresos previstos e o gasto realizado” destacan dende o executivo teense.

Durante a sesión plenaria abordaranse outros temas de importancia como a proposta de resolución do expediente de revisión do acordo de ampliación do contrato dos servizos de saneamento e depuración de augas do Concello de Teo realizado no ano 2007, na última etapa do goberno de Armando Blanco. O pleno do Concello de Teo acordou no pleno de decembro iniciar a anulación deste contrato para o que se pedirá o preceptivo  ditame ó Consello Consultivo, decisión que debe ratificar a corporación.

Outros asuntos deste pleno son o regulamento sobre hortas urbanas ou a moción do BNG sobre o 8 de marzo e os dereitos das mulleres.

A orde do día ten os seguintes puntos:

Aprobación das actas das sesións do 28.11.2013 e 23.12.2013.
Dar conta das resolucións da alcaldía (da 67/14 á 140/14).
Dar conta do informe de tesourería e intervención do cumprimento de prazos de pago das operacións comerciais do 4º trimestre do 2013.
Dar conta dos resultados do informe de avaliación do do 4º trimestre do 2013 de acordo coa lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financieira.
Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos nº 1/2014.
Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial do orzamento municipal para o exercicio 2014.
Ditame da proposta da alcaldía de cesión gratuíta ao club motociclista de Teo o uso temporal da finca de monte situada en A Lagoa, parroquia de Luou.
Ditame da proposta da alcaldía sobre expediente de revisión de oficio do acordo plenario de 30/04/2007: proposta de resolución e solicitude de ditame ao Consello Consultivo.
Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial do regulamento de hortas urbanas municipais do Concello de Teo.
Proposta da alcaldía de aprobación de proxectos emendados pola Deputación do POS 2014.
Ditame da moción concelleiro Ignacio Iglesias Villar sobre modificación de competencias municipais en relación á lei 27/2013, do 27 de decembro.
Ditame da moción do grupo municipal do BNG do 8 de marzo pola derogación das leis contra as mulleres.
Mocións.
Rogos e preguntas.

26 de febreiro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.