O Piragüismo Dumbría e Os Teixugos afrontarán a fase de clasificación para o Campionato do Mundo en Orthez e na Seu de Urgell

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Piragüismo Dumbría e Os Teixugos afrontarán este fin de semana en Orthez (Francia) e na Seu de Urgell a fase de clasificación para o Campionato do Mundo sub-23 e sub-18 de slalom que se disputará en Australia. A representación galega acode a estas citas co desafío de lograr clasificar a algúns dos seus padeeiros, a pesar de ter en fronte a rivais moi poderosos e con máis tradición na modalidade de slalom.

O Piragüismo Dumbría ten en Antía Loira a unha das súas principais referencias e con opcións serias de lograr unha praza na categoría sub-23. Ademais, o Dumbría acode con Iago Canosa e Marco Oreiro, que entrarán na loita por conseguir a clasificación en sub-18. A expedición do club complétana Aarón Rei e Javier Trigo.

Pola súa banda, os Teixugos tamén loitará por unhas prazas para o Mundial. Sara Vázquez, Andrea González, Manu Ochoa e Brais Castro conforman a formación dun equipo que acode á cita coa ilusión de poder protagonizar unha sorpresa ante rivais máis cualificados.

13 de febreiro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.