O persoal do Santiago Futsal gozou dun apetitoso xantar no CIFP Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Persoal do Santiago Futsal co equipo de cociñeiros

Persoal do Santiago Futsal co equipo de cociñeiros

Xogadores e corpo técnico do Santiago Futsal visitaron esta mañá o Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, onde os alumnos do ciclo formativo de “Cociña e gastronomía” prepararon un menú especial para o persoal do club santiagués. Ademais, os alumnos do ciclo de “Servizos en restauración” foron os encargados de servir a comida nas instalacións do centro.

Para finalizar a visita, o persoal convidou os alumnos e profesores do centro ao próximo partido do Santiago Futsal en casa, que será o vindeiro venres 14 de Febreiro ás 21h no Multiusos Fontes do Sar ante Montesinos Jumilla e a modo de agradecemento fixéronlle entrega dunha camiseta asinada por xogadores e corpo técnico.

6 de febreiro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.