O paseo marítimo da Coruña permanece cortado polo mal tempo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
E.P.

O paseo marítimo da Coruña permanece cortado dende as 7,00 horas deste mércores debido á chegada de mar á calzada, segundo informaron fontes municipais.

En concreto, o corte levouse a cabo coincidindo coa preamar e afecta ao tramo comprendido entre a rúa Hospital ata a altura do Praya Club na cidade herculina.

A medida afecta tanto á circulación de vehículos coma ao paso de peóns, xa que a forte ondada fixo que a auga atravesase a calzada, chegando á altura do Hotel Riazor.

Esta situación, que se adoptou como medida de precaución, se manterá ata “as 10,00 ou 11,00 horas”, dependendo de como transcorra o temporal.

5 de febreiro de 2014 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.