O Parlamento suspende o acto inaugural da mostra ’51 páxinas das letras galegas” na Coruña
O Parlamento de Galicia suspendeu o acto inaugural da exposición ’51 páxinas das letras galegas’, prevista para a tarde deste martes, debido ao temporal que azouta a Comunidade galega.
En todo caso, segundo informaron fontes parlamentarias, a exposición poderase visitar no Centro Ágora da Coruña desde este mércores.
Ao acto inaugural, ademais da presidenta da Cámara, Pilar Rojo, estaba previsto que acudisen o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.











