O orzamento do Concello de Ribadumia para 2014 ascende a 2.740.850 euros
O Grupo de Goberno de Ribadumia debateu esta semana en comisión informativa o orzamento municipal para 2014, un total de 2.740.850 euros que supoñen 174.067,50 euros mais respecto aos orzamentos do ano anterior. É un orzamento continuísta, que aposta por manter todos e cada un dos programas e servizos municipais, así como a calidade da súa prestación. Na partida de ingresos, inclúese a conxelación das taxas e dos impostos municipais o que supón un maior esforzo na xestión municipal que asume o Concello en beneficio de todos os veciños.
Segundo explica a alcaldesa Salomé Peña “Seguimos priorizando as partidas máis sensibles para o cidadán, tal e como fixemos ata o de agora, e que nos permitiu converter a Ribadumia no modelo de concello que é actualmente”, opina. No que respecta ás partidas, servizos sociais, cultura e deporte volven a ser as partidas máis importantes, aínda que tamén se reserva unha parte importante para investimentos municipais.
Neste apartado de investimentos, o orzamento para este ano contempla a mellora de instalacións e infraestruturas e da resposta a demandas dos veciños, como é o caso do proxecto do Centro de Encontro da Lectura e Novas Tecnoloxía de Barrantes.
O Centro de Encontro da Lectura Novas Tecnoloxías representa a materialización do compromiso adquirido cos veciños de Barrantes. Este lugar permitirán aos cidadáns de todas as idades gozar da lectura e das novas tecnoloxías con equipamento informático e acceso a internet. O obxectivo de facilitar un punto de referencia no municipio e o achegamento, promoción e divulgación dos servizos e beneficios da sociedade da información á poboación.
Esta inversión non chega sen críticas, en concreto a do concelleiro no adscrito Enrique Oubiña, contrario a esta actuación. As súas apartacións os orzamentos abordan eidos xa cubertos actualmente nos gastos correntes do Concello de Ribadumia, como a creación de mesas de traballo entre os distintos entes sociais , axudas a estudantes universitarios (cabe recordar que este tipo de bolsas non son acumulativas e a percepción dunha axuda municipal específica neste eido excluiría os perceptores das convocatorias xa existentes por parte do Ministerio de Educación e Xunta de Galicia), tamén fai mención a formación no sector do agro, cando non fai nin un mes dende a última charla sobre tramites agrarios.
No que se refire ao servizos sociais, as cantidades económicas están consensuadas cos traballadores sociais do concello, tendo en conta as necesidades reais da cidadanía de Ribadumia. Así, mantéñense as prestacións e servizos e os convenios asinados con Cruz Vermella, Amigos de Galicia, Banco de Alimentos… e a partida de 5.000 euros para axudas a entidades e asociacións que fomenten a calidade de vida e corrixan situacións de desigualdade. O Concello de Ribadumia mantén no seu orzamento unha partida de 30.000 euros de emerxencia social ou situacións de necesidade coa que se poden cubrir gastos específicos de carácter básico, o igual que as axudas o comedor escolar e a gardería infantil.
En canto a formación e emprego establecese unha nova partida de 10.000 euros para cursos de formación que ven a reforzar as accións que xa se estaban a realizar orientados a hostalería (cursos de tapas e manipulador de alimentos) e o sector agrícola (charla de tramitación agraria realizada recentemente), novas tecnoloxías (cursos de informática e o programa de alfabetización dixital), Curso de manexo de carretilla, prevención de riscos laborais, monitor de tempo libre, auxiliar de axuda a domicilio…
Con cargo aos orzamentos municipais tamén se investirá na mellora de colexios e preescolares, de locais municipais e da seguridade viaria en camiños municipais. Tamén se destinaran recursos a dotación de alumeado e eficiencia enerxética, o cerre da carballeira e a compra de instrumentos para a escola de música, para material deportivo e mellora do campo de fútbol de Barrantes.
Esta previsión de inversións é posible porque Ribadumia é un Concello sen débedas, coas contas saneadas, resultado da austeridade e control no gasto público que non repercute na prestación e calidade dos programas e servizos os cidadáns.
Salomé Peña. Ademais, aclara que estes investimentos propios sumaranse a outros que se poidan acometer con colaboración e con subvencións doutras administracións. Como son as beirarrúas en Sisán – Tabueiros, melloras na iluminación viaria, melloras no Ximnasio de Barrantes onde se instalará climatización e novas máquinas, mellora da seguridade viaria en Puentearnelas ou remate da ponte da Portela. “Estamos a principios de ano e solicitando subvencións e colaboracións económicas que poden chegar nos próximos meses e que incrementarán os investimentos que se fagan este ano en Ribadumia”, engade.











