O Obradoiro de Teatro Mulleres na Igualdade de Mos acada a súa maioría de idade na cuarta edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O exitoso Obradoiro de Teatro Mulleres na Igualdade, organizado pola concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro, emprende ó longo do presente ano 2014 a súa cuarta edición.

O citado obradoiro conta cada ano con unha maior afluencia de público –que encheu o auditorio do centro Multiusos das Pozas en tódalas súas actuacións, celebradas, entre outros motivos, en conmemoración dos Días Internacionais da Muller e pola Eliminación da Violencia de Xénero-, como así de mulleres participantes que se amosan moi contentas e ilusionadas con poder participar neste proxecto, que naceu da man da posta en valor da igualdade de xénero.

Nesta edición, a diferenza das anteriores, o obradoiro reinvéntase e opta pola innovación, pasando dun tono reivindicativo de concienciación social a un estilo teatral máis humorístico. Ante este novo reto as actuais participantes amósanse moi motivadas posto que se trata dun proxecto moi ilusionante no que as actrices animan ó resto de mulleres mosenses a participar.

O prazo de inscrición no Obradorio de Teatro Mulleres na Igualdade xa está aberto para todas aquelas mulleres maiores de 16 anos empadroadas no Concello de Mos que desexen participar. Cómpre lembrar que se trata dunha actividade completamente gatuíta para as beneficiarias que decidan inscribirse.

Os ensaios lévanse a cabo no centro Multiusos das Pozas de Mos (Parroquia de Petelos), os días luns e venres en horario de 10:30 horas a 12:30 horas. Os interesados en obter máis información poden chamar ao número de teléfono do departamento municipal de Benestar Social: 986 33 72 78.

17 de febreiro de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.