O Museo Municipal de Ourense presenta a exposición “Natural”
A exposición Natural, do artista Jorge Adrados, presentouse esta mañá no Museo Municipal. As obras – en total máis de 60, entre pictóricas e escultóricas -, que abordan o expresionismo abstracto, poderanse visitar durante todo este mes ata o 2 de marzo.
A inauguración terá lugar hoxe ás 20.45 h. Adrados que como artista forma parte do Museo dende 2010 coa obra pictórica A Solas, traballa cunha perseveranza pigmentaria a partires de vivencias e sentimentos, perfís de cor, que modelan e moldean os seus diferentes soportes artísticos, cores frías e texturas quentes que se achegan a alcanzar en momentos unha abstracción cromática.











