O mércores finaliza o prazo para inscribirse no LII trofeo “Joaquín Romero” e II Memorial de Campo a Través
A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, informa de que o prazo para inscribirse no LII Trofeo “Joaquín Romero” II Memorial de Campo a Través remata este mércores, día 19. Así, os interesados poderán formalizar a súa participación ata as 20:00 horas a través da páxina web da delegación: www.fgaatletismo.es/ferrol. O evento deportivo está patrocinado polo Concello de Ferrol e contará co control do Comité Territorial de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Esta competición se celebrará o vindeiro sábado, 22 de febreiro, no campo merendeiro de As Cabazas a partir das 11 horas. A proba disputarase en dúas categorías: a Escolar -dende benxamín a cadete- e a Absoluta -de xuvenil a maiores de 64 anos-. Así, outorgaranse premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo. Este Campo a Través lembra a Joaquín Romero Serantes nacido no barrio ferrolán de Canido no ano 1923 e que comezou a súa andadura atlética no ano 1940, competindo ata 1959 e participando como veterano ata 1961. Entre os seus éxitos deportivos destacando o Campionato Galego de Maratón, un Campionato Galego de Campo a Través e varios Campionatos provinciais de Vista. Así mesmo, Joaquín Romero foi galardoado na IV Festa do Deporte Ferrolán no ano 1974 e obtivo tamén a Medalla de Prata ao Mérito Deportivo.











