O merchandising do Santiago Futsal atópase á venda nas oficinas do club
O Santiago Futsal pon á venda nas oficinas do club, diferente material de merchandising do Santiago Futsal da presente tempada, entre o que se inclúen desde camisetas e pantalóns de xogo do primeiro equipo, até roupa de paseo de diferentes tallas. Trátase dunha liquidación de material a prezos moi alcanzables para que os afeccionados poidan comprar merchandising para animar ao seu equipo.
Para consultar dispoñibilidade de tallas e prezos, poderá acudirse ás oficinas do club situadas no Multiusos Fontes do Sar, ou chamando ao 981 11 50 38. Esta roupa tamén se porá á venda o día do partido no hall de entrada do Multiusos.











