O Mercado das Oportunidades de Monforte rexistra gran afluencia de público e comerciantes
O Mercado das Oportunidades que se celebra esta fin de semana na Praza de Abastos de Monforte, rexistrou unha gran afluencia de público, tanto en horario matinal como vespertino.
É o primeiro Mercado deste tipo organizado polo Concello a través de Mercados de Monforte, e marca tamén o comezo do que serán os mercados para comerciantes locais que se celebrarán cada mes.
Este Mercado, no que en principio ían participar doce comercios locais de variada índole, superou as súas expectativas iniciais e acolle a un total de catorce comerciantes, varios deles con postos dobres. En total, o Mercado conta con 18 postos de venda, motivo polo que houbo que adecuar novos espazos para a instalación de tódolos comerciantes interesados en participar.
No Mercado están á venda produtos de calidade a prezos moi competitivos, co 50 % e o 70 % de rebaixa sobre o seu custo orixinal.
Os comercios que participaan nesta primeira experiencia son:
Zapaterias:
Cempés: calzado e moda infantil
Zapatería Isabel: calzado de home e muller
Kukín: calzado infantil
Moda:
Mercería Ourensá: moda infantil e lencería
Doble M: moda xuvenil (2 postos)
Menchu: moda muller
En Lá: moda de muller e nena
Colorín Colorado: moda infantil
Outlet Bambu: moda muller (2 postos)
Mercería Carmen: moda infantil, lencería e manualidades (2 postos)
Mimos: roupa e calzado infantil
Varios:
Josela Martinez: complementos divertidos
Delux: decoración (pinturas, papeis pintados, e cousas para manualidades)
Outlet Mundo Fogar: roupa de fogar (2 postos)
Dende o Concello valórase de maneira moi positiva tanto a resposta do comercio local a esta iniciativa como a afluencia de público durante a primeira xornada do Mercado das Oportunidades. A valoración resulta aínda máis satisfactoria cando un dos obxectivos que se marca Mercados de Monforte para esta nova tempada é precisamente a promoción do comercio local.
O Mercado das Oportunidades permanecerá aberto este domingo de 10:00 a 14:00 h.











