O Mecalia recibe ao segundo clasificado
O vindeiro sábado 22, ao sete da tarde na Sangriña, o Mecalia debe enfrontarse ao Helvetia Alcobendas, nun encontro que ten vital importancia para ambos os conxuntos.
O Alcobendas, segundo clasificado a só un punto do líder Bera Bera, necesita puntuar para non perder a oportunidade de empolicarse ao liderado.
Doutra banda, o Guardés necesita recuperarse do mal grolo da pasada semana en Etxebarri, onde cedeu ante o Kukullaga, e seguir apontoando a cuarta praza.
Así as cousas, espérase na Sangriña un encontro de alta tensión, e esperamos que a afección responda como o vén facendo habitualmente, pois esta vez necesítase mais que nunca o seu alento.
Difícil pero non imposible, pois aínda que o Alcobendas sempre resultou un rival complicado para o Guardés, de feito gañounos cada vez que nos enfrontamos en liga, non debemos esquecer o gran partido de Copa do ano pasado, cando na Sangriña eliminámolo en cuartos de final.
Arbitrarán os colexiados de Castela e León, Antonio Merino Mori e Francisco Javier Moyano Prieto.











