O Mecalia Atl. Gardes vence por 30 – 16 ao Aula Cultural Valladolid

Un instante do encontro. Foto: Ignacio Saa
Unha forte defensa do Mecalia anulou o ataque valisoletano de tal maneira que o primeiro gol visitante chegou no minuto12, cando a vantaxe local era xa de 7 tantos.
Cara ao minuto 15 da 1ª metade, o Guardés afrouxa un pouco en defensa e permite á Aula recomporse e entrar no partido chegando a porse a dous tantos, pero un novo axuste defensivo local, volve pór as cousas no seu sitio, chegando ao descanso cun 13/9 clarificador.
Na continuación parecía que a aula ía dar moito mais traballo, pero só foi un espellismo, rapidamente o Mecalia toma a iniciativa para non cedela no que resta de pertido, abrindo unha brecha superior aos 10 tantos.
O resto ten pouca historia, mentres as locais atopaban porta con facilidade, a pesar de que Masha Makarenko realizou un bo encontro, as visitantes estrelábanse unha e outra vez coa férrea defensa guardesa, ou coa porteira Cristina Mestre.
Nos minutos finais, o adestrador local deu minutos a todas as xogadoras, o que abriu un pouco o partido que se converte un pouco nun correpasillos, onde o Guardés sacou máis proveito que as visitantes.
Pavillón cheo até os topes e a afección gozou dunha bonita tarde de balonmán cun Guardés como o dos mellores tempos.
Polo Mecalia.- Ana Cerqueira 81), Vanessa Amorós (2), Ronsel Doiro (8), Cristina Mestre (Port), Alesia Kurchankova (8), Andrea Dapena (1), Alba Dapena (3)(sete inicial), Barbvara Cequeira (3), Carla Abad, Amit Izak, Cristina Barrios (2), Laura Morais (19, Irene Sanchez (Port Sup).
Pola aula Cultural.- Masha Makarenko (Port), Vergara(2), Da Cruz (3), Calderón (3), Cifuentes (1), Cossio , Garibay(3) (Sete inicial), Gonzalez(Port Sup), Fernandez P, Casquero, Lopez C (2), Neto (1), A.Torres, Alvarez T (1),
Arbitros.- Gonzalo Miranda e Fernando Sampedro Coloreado de Madrid
Exclusións.- Polo Mecalia; Andrea Dapena e Alba Dapena
Pola aula.- A.Torres, Raquel da Cruz (2).
Marcador cada 5 minutos.-
2/0, 6/0, 8/2, 9/6, 12/8, 13/9, desc 14/11, 19/12, 22/13, 25/13, 28/14, 30/16 Final











