O Masat da Guarda abre de novo as súas portas
A partir do martes 18 de febreiro o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, poderá ser visitado por aqueles interesados na Cultura Castrexa e na historia da Guarda.
Xa son moitos, preto de 55.000 persoas visitaron durante o ano 2013 o MASAT. Ademais, é unha parte esencial das visitas guiadas ó Monte Santa Trega, polo que máis de 10.000 persoas fixeron uso deste servizo o ano pasado.
A partir de Semana Santa comezarán de novo as visitas guiadas regulares para coñecer con maior profundidade o Castro de Santa Trega e o seu Museo Arqueolóxico, o MASAT.











