O martes iníciase o prazo de inscrición para ‘Merendas no Aquarium’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura informa de que o vindeiro martes, 25 de febreiro, ábrese o prazo de inscrición para unha nova edición da actividade infantil Merendas no Aquarium Finisterrae, dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 13 anos.

Merendas no Aquarium celebraranse todos os sábados e, como novidade, tamén os domingos, ás 16.45 horas, duplicando así o número de sesións con respecto a edicións anteriores. Nesta ocasión os participantes de maior idade desenvolverán receitas de cociña con peixe recomendado na campaña europea Elixe o peixe correcto, liderada en España polo Aquarium Finisterrae, da man de cociñeiros especializados en actividades educativas. Os máis pequenos participarán nun contacontos relacionado co mar e os seres mariños.

Para participar nesta actividade é necesario reservar praza chamando, desde este martes, 25 de febreiro, ao teléfono 981 189 842 a partir das 08.30 horas. Cada neno deberá abonar unha entrada reducida de 4 euros e recibirá unha invitación para merendar chocolate con churros. A actividade non terá ningún custo para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares do Cartón Venche.

23 de febreiro de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.