O libro infantil “As carriolas do mencer” preséntase na Casa da Xuventude de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O próximo venres, 7 de febreiro terá lugar a presentación do libro infantil “ As carriolas do mencer”  escrito por Rafael Fernández Lorenzo e  ilustrado por  Ramón Trigo.

A presentación consistirá no visionado dun  vídeo e logo  asistiremos a unha pequena representación teatral.

O libro esta indicado para cativos de 0 a 6 anos.

A presentación  será na Casa da Xuventude ás 18.00.

5 de febreiro de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.