O Jofre acolle mañá a XXII Gala do Deporte ferrolán que premiará aos mellores da temporada 2012-2013
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidirá mañá xoves a vixésimo segunda edición da Gala do Deporte Ferrolán, que se celebrará no Teatro Jofre. Durante a cerimonia, que dará comezo ás 20:30 horas, se entregarán as distincións aos deportistas, entidades e clubs da cidade que destacaron pola súa labor en diferentes modalidades deportivas durante a tempada 2012-2013.
Claudia Rojo, Álex López e Lidia Mesías son os tres deportistas ferroláns que optan a recibir a “Carabela de Prata”, o premio ao mellor deportista da pasada tempada. O gañador desta distinción decidirase no transcurso da propia gala, un novidade implantada na edición do ano pasado e que lle confire emoción á cerimonia.
Tamén se entregarán os premios aos mellores deportistas en 30 modalidades deportivas, o que significa que na Gala terán presenza practicamente tódalas prácticas deportivas que se realizan en Ferrol, ben sexan maioritarias ou de menor número de seguidores. Así as cosas, en total na cerimonia de mañá no Teatro Jofre entregaranse máis de 60 galardóns e recoñecementos, ante a presenza de numerosas autoridades e representantes da sociedade ferrolán.
Por último, o Club Rugby Ferrol –pola súa labor de base-,Manuel Bellón García –Vella Gloria- e a Autoridade Portuaria –pola súa colaboración- recibirán as Mencións Especiais do Xurado.











