O incendio dunha nave de materiais de construción mobiliza ós servizos de emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVilagarcía de Arousa
A-
A+
Actuación dos bombeiros

Actuación dos bombeiros

Os equipos de emerxencias de Vilagarcía sufocaron esta mañá un pequeno incendio na nave de Baygar, en Rubiáns. A rápida intervención dos traballadores da empresa e de protección civil e bombeiros fixo que non houbera que lamentar danos de importancia.

A voz de alarma dábana os propios traballadores, que foron os primeiros en detectar o fume que saía da nave. Segundo declaracións de Protección Civil, “ó redor das 8 da mañá recibimos unha chamada do 112 alertando dun incendio urbano na zona de Rubiáns e desprazamos unha dotación ó lugar, tamén bombeiros, policía local e nacional”.

Os equipos de emerxencia atopáronse cun incendio no cadro eléctrico da nave, do que aínda se descoñecen as causas. A pesares do susto, puideron extinguilo sen problemas nun prazo de “ó redor de media hora, a pesares de que os traballadores que o detectaran xa comezaran a extinción cos medios que contan” A extinción foi moi rápida, segundo Protección Civil “dada a inmediatez coa que se chegou ó lugar”.

As lapas afectaron unicamente a unha pequena parte da nave, onde estaba ubicado o cadro eléctrico. Non houbo que lamentar danos persoais.

17 de febreiro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.