O IGC achega a campaña “Dálle luz á túa factura” aos consumidores de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

O Instituto Galego de Consumo ofrecerá mañá mércores unha xornada informativa en Pontevedra para achegar aos consumidores e usuarios a nova campaña Dálle luz á túa factura, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización coa que a Consellería de Economía e Industria persegue facer máis comprensible a factura da luz ao resolver as dúbidas da cidadanía e fomentando, ao mesmo tempo, o aforro enerxético.

O encontro celebrarase a partir das 18 horas na sala de conferencias da Delegación Territorial da Xunta (Fernández Ladreda, 43). Na xornada presentarase o simulador eléctrico, unha aplicación que permite aos usuarios obter información sobre cada un dos elementos que conforman a factura eléctrica, personalizala e adaptala ao seu caso concreto recomendando unha potencia a contratar. Esta ferramenta separa, tamén, o consumo do fogar, determinando o equipamento eléctrico co que conta a vivenda e as posibilidades de optimizar o seu consumo.

Os asistentes poderán consultar as súas dúbidas a respecto da factura eléctrica e resolver diferentes casos prácticos, así como obter información sobre as distintas vías para darlle solución ás súas reclamacións. Ademais, recibirán consellos sobre como reducir o consumo de enerxía no fogar.

25 de febreiro de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.