O IES David Buján de Cambre recibirá en Bruxelas o primeiro premio científico do “Virtual Science Hub”
Os alumnos de 2º de bacharelato da materia de Xeoloxía do IES David Buján, obtiveron o primeiro premio absoluto e o primeiro premio na categoría de Estudos ambientais co seu e-Excursion Guía de identificación de minerais mediante códigos QR”. Unha representación de alumnos recollerá o galardón en Bruxelas este fin de semana e a gala poderase seguir en directo. A plataforma de recursos de ciencia “Virtual Science Hub” (ViSH), organizou unha competición para premiar as experiencias máis atractivas subidas a o seu portal. Á competición presentáronse varios centros de ensino, investigación e divulgación de toda Europa. Segundo os organizadores, os evaluadores seguiron a avaliación baseándose no estándar LORI (Learning Object Review Instrument) e as e-Excursions ou Excursións virtuais que lograron un elevado nivel en canto a contidos e forma. Así mesmo, o mesmo centro cambrés, no departamento de Bioloxía, alcanzou un primeiro posto na categoría “Bioloxía” coa e-Excursion Como identifico azucres da familia da glicosa?
(http://www.edu.xunta.es/centros/iesdavidbujan/blog/98) e aos resultados da competición (http://vishub.org/contest).
O estudo dos minerais adoita ser un tema árido para os alumnos dos cursos inferiores. Por iso, os alumnos de Xeoloxía de 2º de bacharelato, tentamos transmitir o interese que nós mesmos temos, a través deste traballo. Entre os obxectivos da E-Excursion destacan: Tentar que os alumnos adquiran, de forma divertida, coñecementos sobre os minerais do laboratorio de xeoloxía.; Incrementar a competencia científica.; identificar minerais atendendo ás súas propiedades físicas e químicas, seguindo o guión de prácticas de ViSH no móbil á vez que nos serve como guía de minerais, con indicación das características xerais e localización xeográfica; e por último incrementar a competencia dixital utilizando os códigos QR, uso de móbiles ou tablets, manexo da plataforma ViSH na aula.











