publicidade hoxe

O I Obradoiro de Emprego Conca do Lérez finaliza a formación en insercción laboral en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroCerdedoCotobade
A-
A+

Os 22 alumnos/as do I OBRADOIRO DE EMPREGO CONCA DO LÉREZ ,8 alumnas da especialidade de Atencion sociosanitaria a domicilio de Cotobade e 14 alumnos/as de traballo forestal xardinería de Cerdedo e Campo Lameiro, rematan na mañan de hoxe a formación complementaria en inserción laboral e técnicas de búsqueda de emprego.

No transcurso desta formación os alumnos adquiriron coñecementos e habilidades profesionais con relación o posto de traballo, traballouse nas actitudes e a motivación para a búsqueda de emprego, probas de selección, a entrevista de traballo, ofertas de emprego, o contrato de traballo, as negociacións colectivas…etc.

Na mañá de hoxe a formación centrouse nas pautas a seguir para elaborar un curriculum vitae axeitado, os distintos formatos e a elaboración por parte dos alumnos do seu propio curriculum. Unha vez xa realizados estos curriculums , a dirección do obradoiro dentro do traballo que está a realizar para conseguir a inserción laboral dos alumnos/as remitiraos a empresas, asocciácións ,e a empresas demantantes de traballadores das especialidades de traballo forestal – xardinería.

Así mesmo tamén se tratou a fondo o autoemprego como unha alternativa ao traballo por conta allea, enfocando as ventaxas do mesmo . Os trámites a levar a cabo Sendo esta unha opción moi interesante para os alumnos/as que nalgúns casos estudan a posibilidade de crear o seu propio negocio e así mesmo o seu propio posto de traballo unha vez rematen no obradoiro de emprego. Neste tema enfocouse moito o esforzó persoal, dedicación que se necesita para poder conseguir o éxito que o verán recompensado na satisfacción persoal e pola motivación de traballar para un mesmo.

18 de febreiro de 2014 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.