O I Campionato de Dardos Real Vila de Neda repartirá 1.000 euros en premios
O Centro Cívico da localidade acollerá este sábado, 15 de febreiro, a primeira edición do Campionato de Dardos Real Vila de Neda, organizado pola Concellería de Deportes e máis o club Galacticos Team. Con entrada libre e gratuíta, este evento repartirá premios por valor superior aos 1.000 euros. Así, a organización ten establecido dúas modalidades de competición: Individual de cricket e Timba parellas cegas.
A primeira comezará ás cinco da tarde e, a inscripción, pecharáse ás 16,30 horas. O custe da inscripción é de dez euros. No segundo caso, arrancará ás 20 horas e, a inscripción, concluirá tamén media hora antes. Unha cita novidosa no calendario deportivo da vila que o Concello, segundo explicou o edil de Deportes, Roberto Rey, confía en que sexa multitudinaria.











