O humorista Toni Moog cancela a súa actuación en Compostela por motivos persoais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O humorista Toni Moog vén de anunciar a cancelación do seu espectáculo O mellor de Toni Moog, previsto para este xoves 27 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Falabaratos. Moog vese na obriga de suspender a función por causas persoais e de forza maior e lamenta as molestias que esta cancelación poidan causar ao público. A todas as persoas que xa tiveran mercada a súa entrada devolveráselle a cantidade polo mesmo medio polo que a adquiriron. Dende Novagaliciabanco procederán a realizar a devolución automática do importe das entradas (+ gastos) adquiridas a través das súas canles (teléfono e internet), na mesma tarxeta coa que se realizou o pago das mesmas. Ademais, poranse en contacto, xa sexa vía e-mail ou vía telefónica, cos compradores que proporcionasen os seus datos, para informarlles da cancelación do mesmo e de que en breve realizarán o reembolso.

Aquelas persoas que mercaran a entrada na billeteira do Teatro Principal poden pasar por alí coa entrada para que lle reembolsen a cantidade. A billeteira do Principal permanece aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.

Dende o Departamento de Cultura do Concello de Santiago laméntanse as molestias causadas por esta circunstancia e pídense desculpas polos problemas que se puideran causar con esta cancelación.

26 de febreiro de 2014 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.