O humorista Carlos Blanco colgará no teatro Jofre o cartel de cheo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O novo ciclo de monólogos programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol continúa este domingo, día 16, coa actuación de Carlos Blanco. O humorista subirase ás 20:00 horas ao Teatro Jofre para ofrecer o seu espectáculo “Carlos Blanco, ao vivo (de momento…)”.

Este espectáculo recompila a súa traxectoria cos monólogos máis brillantes. Visión lúdica do país coa actualidade do día e cos temas de sempre. Unha inxección de retranca nos tempos incertos en que vivimos. Carlos Blanco no seu mellor momento. A día de hoxe, a falta de catro días para a cita, dos 556 asentos que conforma na capacidade do Jofre soamente quedan dispoñibles nove.As persoas interesadas en asistir ao monólogo de Carlos Blanco poderán adquirir as súas entradas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Próximo monólogo

Este ciclo programado polo concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, foi inaugurado o pasado mes de xaneiro polo humorista David Guapo, actuación que contou cun cheo absoluto do teatro municipal. Así, o monologuista David Amor será o encargado de clausurar o ciclo de monólogos co seu espectáculo “Fuera de sitio”, que terá lugar o vindeiro 16 de marzo.

12 de febreiro de 2014 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.